miércoles 2 de julio de 2008

Armas de destrución masiva

Armas de destrución masiva son as que destrúen por completo a capacidade de disentir.A televisión.

Antena3 é unha arma de destrución masiva porque nos trae a Miguel Ángel Blanco, concelleiro do PP asasinado por ETA como o heroe dun culebrón cinematográfico.

A familia aplaude e recauda, e os españolitos miramos apampados. Ao mesmo tempo, a televisión que pagamos todos trae tamén o crime de Rocío Wanninkhof para que nos recreemos na fantasía creada a partir da propia realidade. Di moito dos programadores televisivos e tamén deses títeres manipuladores que hai detrás das caras que un día dixeron estar compunxidas polas mortes deses que foron fillos seus.
Acendemos o botón vermello do mando e deixamos de ser nós. Pero iso non nolo di ninguén.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Dificilmente se pode dicir mellor en tan pouco espazo. Directa á intelixencia. Parabéns!

lottery results dijo...

Ive read this topic for some blogs. But I think this is more informative.

berto xxx dijo...

I like this blog. for real!


berto xxx

Chousa da Alcandra dijo...

Aiiii a televisión!!!. Está ben claro que o poder mediático que ostenta so pretende mediatizar; ultimamente dun xeito tan tendencioso que resulta noxento.
Antes era "pan e circo"; na actualidade a pista circense mudou por unha pantalla de plasma.

Bicos santisianos!

[Vas ter que activar a validación da palabra nos comentarios, para que non te invadan o spam]

aopedofarelo dijo...

Velai tes, outro exemplo mais de que nesta historia da aldea global, na que se converteu o mundo desde o derrumbamiento do muro de Berlin, e a desaparicion da URSS. o Capitalismo non ten limites, nin barreras, nin sequera vergoña......Vivimos os tempos da lei dos cartos, todo pola pasta e sen a pasta....
Triste jodienda que xa fai anos aclarou Fraga, non é o mesmo estàr dormido que estar durmiendo, ni estár jodido, o jodiendo....
Por certo.....estás en debeda conmigo desde o dia da homenaxe a pintor...¿Recordas que che fixen un encargo.....?

Silvana dijo...

Dende logo conmigo que non conten. Xa era ridículo como saía a irmá ca voz cantante en todo ese politiqueo manipulador como si fósemos imbéciles.

A televisión, punto e aparte, mellor nin encendela, é penoso de todo. Dende logo o mando da miña casa non está gastado polo meu uso.

Dixéchelo clariño, clariño, moi ben!

busto.agolada dijo...

Asinto a todas as túas reflexións sobre o poder hipnotizador e mercantilista da TV. Debo dicir que tamén ten cousas interesantes e atractivas. Saber escoller é moi difícil. Non caer nuns minutos diarios de telelixo, imposible. Asunto difícil de arranxar o que plantexas, mais é importante ir creando conciencia.
Unha aperta.

O Raposo dijo...

Conmigo que non conten, eu cada vez a vexo menos. Na casa da aldea xa nin a teño.
Por certo, decir que a frase que "aopedofarelo" lle atribue a Fraga en realidade é de Cela, outro galego.

en la atalaya de los neutrales dijo...

Temos o que merecemos , son os problemas e a resposta da lei da oferta e a demanda, a consecuencia dunha sociedade enganada na polarización mediatica - politica.
A mal entendida liberdade de expresión.
Xuvenal xa dixo que queriamos pan e circo. non fais falta nada mais. que durma a conciencia

A Conxurada dijo...

Estou totalmente dacordo contigo, sobre todo no que concirne a esas dúas series, películas ou o que sexan...a televisión na súa grande medida dáme noxo.

asbeirasdoarnego dijo...

Que razón tes a televisión e das peores armas que se poden usar pero por desgracia, teño que recoñecelo, a min liquidame

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Totalmente dacordo contigo.
Apertas

FIZ dijo...

Pero iso non nolo dí ninguén...

POR ISO NON A VEXO....

Bicos

Mer dijo...

Non hai moito xa que dicir deste tema.
¿ De verdade emiten este tipo de trapallada por que é a que atrapa á xente?
Non o sei, de feito dubido bastante.
Eu non vexo a tele como normal xeral, só as noticias, algunha película (pero casi nin iso coa de publicidade que botan) e algún documental que de cando en vez dígnanse a poñer. Hai uns días botaron un xenial sobre o "mero", é un peixo moi interesante, un día destes farei un post sobre el, pero hoxe estou noutra...

bicos

Manel Vázquez dijo...

e onde quedan os profesionais do audiovisual, aqueles con bos proxectos pero sen un peso.