Botellón en Quinzán
Nunca tal se viu.
Venres tranquilo en Quinzán, coma sempre; unha das primeiras noites frías deste outono que xa se instalou derredor de nós.
Case sen darnos conta, mentres probabamos as primeiras castañas do ano, comezamos a oír un runrún que non sabiamos moi ben de onde viña. Un son de música repetitiva, voces, case berros ledos, e un tumtumtum que só pode proceder de altofalantes de coches coas portas abertas.
Saímos á pista e descubrímolo: botellón en Quinzán.
O noso peculiar e sempre sorpendente veciño vasco organizou un botellón para os colegas en plena curva da casa de Roque de Quinzán, ante a admiración e o aparvamento popular. Os veciños das tres casas habitadas que hai na aldea achegámonos ás fiestras e asomamos timidamente o nariz para ver ser aprendiamos algo... nunca tal se viu.
6 comentarios:
Pois deus vos libre de que collan o costume de repetilo asiduamente.
Apertas.
Botellón, roubos,... tedes o mellor da aldea e da cidade estades tendo o pior, esperemos que non se repitan ningunha das cousas.
Apertas.
Pero convidaría a algo, digo eu...
E que, non vos invitaron ou? Sonche os novos tempos que tamén chegan as aldeas.
Sóame o conto, o ano pasado vin algo semellante preto da casa, un coche co maleteiro aberto e uns cantos rapaces falando e bebendo a 30 metros da casa, foi curioso. Tamén teño que dicir que non molestaron moito.
Agora fáiseme familiar a imaxe e maís especulo en cal sería a curva do botellón.
Ao ser nun lugar tan pequeno tiñades que sumarvos os veciños.
Por certo, nas cidades quéixanse das molestias do botellón e aínda non deron coa solución: se se lle sumaran os adultos, os mozos en pouco tempo habían de buscar outro lugar lonxe das miradas adultas.
Xa nos contarás se isto se converte en costume ou se só foi algo excepcional.
Unha aperta.
Publicar un comentario en la entrada