jueves 23 de octubre de 2008

Acabouse o tempo dos tontos

Por algo máis ca por transfuguismo Santiso ha saír no xornal. No xornal, no telexornal, no España directo e nos comentarios de toda a veciñanza.

Ribadulla é a parroquia na que viven meus avós. Lembro, de nena, chegar de visita os domingos pola tarde, e ver no campo da festa a xuntanza da mocidade, que sempre se reunía ese día a contar un conto "no campo".
O campo da festa, o da igrexa, é agora a mazá da discordia e o leiv motiv dunha unión dos veciños sen precedentes.
Hai cousa dun ano o cura xuntou aos fregueses para poñelos ao tanto de que o campo da festa non era, como crían, veciñal, senón posesión do clero. Houbo que gastar cartos, horas, paciencia e servizos de peritos e avogados ata que os veciños, unidos na Asociación de Veciños A Beseña conseguiron o poder notarial que deixa ás claras que o campo é da veciñanza. Non en van foron sempre os veciños os que o coidaron, mantiveron e disfrutaron.

Pero como dixo a avoa Inés, "o domingo na misa houbo sorpresa".
Non apareceu o cura da parroquia, e no seu lugar dous curas de parroquias veciñas (personaxes que ben me darían para sendos artigos...) oficiaron a misa con normalidade. Ao remate da cerimonia sacaron do peto un papel que dixeron ler de parte do señor cura e do señor bispo: "Mentres os veciños de Ribadulla non cedan o campo á Igrexa, aquí non se volverá oficiar misa".

Non saben con quen deron, porque non houbo lugar para a dúbida.

Hoxe sae o tema na Voz de Galicia e en distintas televisións, e coa difusión do asunto medra tamén a unión dunha veciñanza que nunca tivo tan claro que "amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale".
Dicían estes días en Ribadulla que "xa pasou o tempo dos tontos", de calarlle aos curas, de baixar as orellas e facer a reverencia. Agora veremos que ten que axeonllarse.

*Na foto, os avós, con cinco dos quince fillos que tiveron.

13 comentarios:

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Como me gustan ises teus veciños.
En todos os sitios fan o mesmo porque nunca naide les parou os pes ata que chegaron a Ribadulla.
Pois non lle cedades, que vaian dicir misa caraoutro sitio.
Eu estou de relixións, de igrexas e demais trapalladas ata a coronilla.
Bicos.

Markesa Merteuil dijo...

Son de felicitar, certamente.

Anónimo dijo...

Ante as presións recibidas nos últimos días o obispado mandoulle un comunicado de prensa aos distintos medios de comunicación dicindo:
"1.- El obispado no dejaría a los vecinos sin oficio religioso simplemente por motivos monetarios.
2.- La falta de comunión entre pastor y feligreses hace que sea imposible celebrar la eucaristía".

Recordarlle ao señor bispo que os veciños de Ribadulla seremo-los seus feligreses, non os seus vasallos (ainda que el se considere un señor feudal ao que hai que vica-la man).
Se non é por asuntos monetarios, ¿como se lle pode chamar o que fixeron os curas de Arcediago e Campos cando chegaron á igrexa, celebraron misa e antes de acabar leron o comunicado de marras onde se nos decía que ou ben cediamo-lo campo ou non se celebraría mais misa, comeron as hostias consagradas e apagáronnos a luz do sagrario?. Chantaxe propio de tempos pretéritos!.

Vanessa: orgullosa debes estar de teus avós (que xa sei que estás).
Felicidades!!

busto.agolada dijo...

Coa razón por diante e o orgullo dos humildes debedes enarborar os dereitos que vos asisten diante deses curas-mercaderes do templo.
Unha aperta.

Mer dijo...

eh? miña nai querida! iso é ¿ roubo por chantaxe? ¿ dalgún xeito imposto revolucionario?

forza ao pobo de Ribadulla, o pobo unido... xa se sabe

unha aperta para todos

Chousa da Alcandra dijo...

Dende o berce do Ulla envío forza aos veciños de RibadUlla para defendelo seu. Ánimo santisianos, que non poderán con vos!

(Moito me namoran a min esas fotos de antano. Teño o meu disco duro ben cargadiño delas, e ben que disfruto mirándoas a pantalla completa)

Anabela Magalhães dijo...

Publiquei um post que vai de encontro ao teor do teu. Crítico que se farta perante a ganância destes senhores.
Parabéns pela denúncia.

Anónimo dijo...

Se se contar as cousas hay contalas na súa integridades, sen ocultar as partes que non interesen. O comunicado do bispado de Lugo ten tres puntos, non dous como aparece arriba. Falta o punto onde se afirma que a titularidade deses terreos é a Igrexa:

1. La parroquia de Ribadulla, como cualquier otra, ha sido atendida con gran generosidad por su último cura párroco durante más de 30 años.
2. La Diócesis de Lugo no pretende hacerse con la propiedad de ningún terreno que no sea suyo en la parroquia de Ribadulla o en cualquier otra.
3. La celebración de la Sagrada Eucaristía presupone y manifiesta la comunión de la Iglesia Católica de fieles y pastores. No dejaría nunca de celebrarse por cuestiones simplemente monetarias.

A lareira de Santiso dijo...

Ola,
grazas polos vosos comentarios, pero non entendo este último. Onde pon aí que sexa seu o terreo? Máis ben eu penso que deixa co cu ao aire ao párroco, como se a chantaxe do terreo non estivese apoiada polo obispado, non? Ademais dá a razón aos veciños, porque se o terreo é deles xa non teñen que apropiarse del: xa é deles. E se non é deles entón si queren apropiarse.
Se non é así estaría ben aclaralo porque eu véxoo claro.
Gracias, outra vez, por pasarvos por aquí.

Anónimo dijo...

Hoxe, na TVE, entrevistaron, en directo a Dona MªJosé Campo López-Barcia, responsable da oficina de prensa do bispado.
Na entrevista a devandita señora dicíanos que o motivo da marcha do crego non era outra máis que a xubilación do mesmo (acaso xubilouse en Ribadulla e non en Belmil, Santiso, Serantes, Novela...?). ¿Como explica a lectura do comunicado do bispo aos veciños do pasado domingo, no que ben claro se nos dicía que ou cediamo-lo campo ou non había misa?, (hai medio cento de testemuñas da susodita lectura).
A señora en cuestión, que chamaba Carlos ao crego en vez de José, dicía, tamén que o campo é da Igrexa e que nós, os veciños, nunca nos puxeramos en contacto co bispado para cousa algunha. ¿Puxéronse eles en contacto con nós, a non ser para querer roubarno-lo campo?
Se realmente o campo é deles que non anden con este tipo de chantaxes e que denuncien no xulgado, que non está tan lonxe.
Sinvergonzas!!.
LUIS GARCÍA (RIBADULLA)

Anónimo dijo...

luis cuanto hace que no te confiesas.

nenaza comunista

A lareira de Santiso dijo...

Ola. Son Vanessa.
Gustaríame que cando alguén teña algo que dicir o faga sen utilizar os anónimos; do contrario é mellor estar calado. Chámase coherencia e chámase honradez. O outro é covardía, complexo de inferioridade e frustración.

Lamento sinceramente que un post tan xeitoso coma este, e do que todos deberiamos estar orgullosos traia de novo a esta Lareira comentarios anónimos e insultantes.

Agardo que a persoa que os fixo (este último) escriba novamente para desculparse. Este blog ten a posibilidade de moderación de comentarios, o cal quere dicir que eu podo decidir que comentarios aparecen e cales non. Nunca tal fixen, pero non me obriguedes a ser eu a que impida a entrada de insultos e ataques neste blog.
Saúdos.

Anónimo dijo...

hola soy Paco con las rebajas:

pues modera a LUIS GARCÍA SISTIAGA que no conozco ninguna intervención suya sin insultos , moderar a los dos se llama coherencia el resto es arbitrariedad y amiguismo.

como voy a poner mi nombre . ¿para que lo sepa un sujeto que amenaza con matar a tiros a la gente? CON TU compadreo.

feliz día de difuntos a los dos.