miércoles 5 de noviembre de 2008

Gañou a familia Obama

Aos españolitos presentáronnos as eleccións yankis como a eterna elección entre dereita (McCain) e esquerda (Obama). A realidade é que os dous candidatos están ben á dereita... ou se cadra tampouco, tendo en conta como perderon o norte e o equilibrio os partidos políticos.
Á marxe do resultado, que parece contentar a todo o mundo... pregúntome por que teño que tragar todos os días as imaxes de familia feliz dos candidatos. Vótase ao proxecto político ou ao modelo de familia? á mellor paixón finxida nos bicos dos candidatos? Levar ás fillas ó circo electoral non me parece moito menos aberrante ca criar unha Mariaisabel (aquela nena que cantaba éxitos de verán).

Pregúntome se este candidato sería hoxe presidente se fose solteiro, viúvo ou se tivese varias amantes.

5 comentarios:

paideleo dijo...

Nos EEUU son mui puritanos e teñen que ofrecer a imaxe de familia feliz e unida.
A ver que sae de todo isto. Xa que saíse Obama escollido pareceume un adianto grande.

Mer dijo...

Ía poñer algo similar ao que apunta paideleo. Nos EEUU son así, xa bastante foi que gañara un negro, aínda non o cren nin os que lle votaron.

Anónimo dijo...

ya tuvo varias amantes, fraga no quería a feijoo por no estar casado, se supone que proyectan una imagen de exito si no gobiernas tu familia , ¿ puedes gobernar un estado?

busto.agolada dijo...

É certo que as campañas electorais americanas sempre tiveron un aire circense. E o seu puritanismo xa é proverbial.Pero hai que entendelo coma un rasgo diferencial cos seus pros e contras. Desde aquí chócanos.
Unha aperta.

aopedofarelo dijo...

Non me interesan o mais minimo....Penso que son todos o mesmo, os mesmos perros con diferentes colares. Non espero nada ni de uns ni dos outros...Claro que por aqui imos polo mesmo derrotero
Xa o decia D.FRancisco de Quevedo e Villegas: Ande yo caliente y riase la gente...