26 de xaneiro de 1981
Volve en calquera día coma hoxe o sorriso da
lembranza sobre as fotos da Ramoniña de Tono, fazuleira con ollos pillos, redonda porque lle comía sempre o bocadillo. E no flashback destas datas xurde tamén a tarta do
segundo cumpreanos con apenas tentos para cortar un anaco, pero coa expresión que aínda hoxe conservo.
lembranza sobre as fotos da Ramoniña de Tono, fazuleira con ollos pillos, redonda porque lle comía sempre o bocadillo. E no flashback destas datas xurde tamén a tarta do
segundo cumpreanos con apenas tentos para cortar un anaco, pero coa expresión que aínda hoxe conservo.É cedo para balances pero xa é horas de decicións, de planos de situación, de parar un segundo e ver o que hai, o que atesouro, o que ansío e os treitos distintos que teño para camiñar.
Nun peto fondo e pechado con belcro gardo a vida vidida nas rúas de Compostela nas noites de inverno universitario; as prazas que escoitaron o eco das gargalladas, os amenceres cos pés inchados, e as noites de
café cargado; gardo os reenganches na Facultade de Xornalismo, o rutómetro con Alexandra e Elena de viños e tapas condimentados con risas; tamén co ulido do mencía e a ironía dos vinte anos que estende e fai perdurable a súa maxia ata as portas do trinta.
Noutro peto, preto do corazón, gardo todo o que simboliza un anel de brillantes, traballado e limado durante moitos anos, tantos que son xa unha vida enteira. Cada cara desas pedras son momentos compartidos, ilusións postas nunha randeeira que se desboca ás veces e pisa o freo de vez en cando. O aloumiño de saber que alguén te quere, aínda que cadaquén o faga co seu propio manual de instrucións, aprobado por unanimidade. Esa calor é ó final o que aloumiña o corazón.
E mentres agardo o meu seguinte cumpreanos, a que outro ano pase por min, ou eu decida como pasalo, vou abrindo camiños ata agora descoñecidos, coa inseguridade e tamén coa emoción de como será o seguinte.

9 comentarios:
Unha ben bonita reflexión, con percorrido dende a infancia ata a supraadolescencia na que estás ainda...(jajaja, non te enfades por elo, que ti mesma o recoñeces "grande para ser nena e pequena para ser muller").
Sigue a disfrutar dese xeito, que me parece moi axeitado (con redundancia incluida)
E con permiso do abrazado polo anel, mándoche 28 bicos. Santisianos, claro!
Co permiso do abrazado polo anel; e coa aceptación da propietaria do mesmo, enténdase
Parabéns, o anel e fermoso, mais polo que significa para ti.
28 anos é unha idade fantástica, és unha nena.
E por si non tiñas moito que facer, deixoche un encargo no meu blog por si che apetece.
Bicos.
Chego atrasado, parabens para ti , parabens para ti, nesta data queidaaaaaaaa, moitas felicidades, moitos anos de vida ¡¡¡¡
Parabéns e a desfrutar do bó desta vida que miro eu que sabes buscalo.
Que torpe estou hoxe (e sempre) co teclado. Non sei se che chegará duplicada a felicitación, pero máis valen dúas que ningunha: parabéns!!!
FELICIDADES!!!
Non entendo como hai xente que coloca fotos persoais, da infancia, etc. nun blog, sabendo que calquera pode ver, copiar as imaxes. Somos libres de colgar fotos, pero algunhas cousas eu nos as entendo.
Eññhññhhñ??? A qué viene esto? ajjaja
Publicar un comentario en la entrada