O que me quedaba por ver
En efecto! Quedábame esto e quédame aínda a máquina capaz de trasladar os ulidos, pero vistas as prioridades da ciencia e a velocidade das modernidades xa me poño a cuberto agardando verme asaltada calquera destes días polo atroz aparello.
Escribiamos aquí hai poucos días sobre os segredos, as complicidades compartidas. Os soños son as complicidades máis íntimas precisamente por seren íntimas.
Di o artigo que hoxe publica La Voz que "el cerebro es la máquina más misteriosa del universo. La más sofisticada y la más desconocida. Pero afortunadamente poco a poco se van desvelando algunos de sus secretos". Afortunadamente! O día que nos entren nos soños, que íspan esa realidade paralela na que cadaquén é o que quere ser, ama a quen quere amar, é amado por quen nunca o amará na vida real, viaxa a lugares aos que nunca chegará e vive vidas que non son a súa... ese día non teremos máis interese ca unha máquina calquera. On / Off.
5 comentarios:
Medo me da que xa poideran ve-los meus soños......xa non nos quedaran nin segredos.
bicos e felicidades con moito retraso!!
Medo? Pavoroso, diría eu!!
Espero que teñan todos os atrancos posibles os cojoneses.
Nuna entrega de Star Trek, o capitan Kirk négase a que un suposto mesías lle alivie os seus sufrimentos e traumas interiores con un argumento interesantísimo: "Eses sufrimentos forman parte de min."
Lamento non poder garantir a exactitude da cita, pero o concepto está claro. O día que sexan/sexamos capaces de argallar artificialmente na mente, deixaremos de ser humanos. Se acaso, seremos outra especie, pero non humanos.
Gústame bastante máis aquel atrapasueños feito a man de orixe indio. Segundo a crenza popular a súa función consiste en filtrar os soños das persoas, deixando pasar só os soños e visións positivos.
Pero esto que post neste post dame un pouco de medo.
Os soños aínda son soños, ho! Aos humanos gústanos pensar que cada pasiño que damos, ou nin iso, que nos parece que damos, é a consecución do culmen, mais... somos coma ese bebé que xa conseguiu dar dous pasos seguidos antes de bater contra o chan.
Polo de pronto, calma e deixar pasar o ruído. Ademais La Voz del PP nin nestas cousiñas debe ser moi fiable.
Un saúdo
Publicar un comentario en la entrada