miércoles 4 de febrero de 2009

O sur

Unha viaxe fugaz levoume na fin de semana de ida e volta ao sur da Península.
Coa pouca precisión que dá a velocidade de ir pasando sempre e non poder parar, fun reparando en todo o que vía, coma unha nena á que sacan da casa de pascuas en venres.

A morriña non é un sentimento galego, pero para os que estamos afeitos a vivir arrolados polo broar do aire nas pólas ao pé da casa, pasar ao carón de Seseña produce un certo desacougo difícil de describir.

Seseña é a urbanización nacida da nada e máis dos movementos político-urbanísticos dun empresario que se fixo millonario sen saber a penas sumar.

O construído é agora un sitio no que moita xente terá o seu fogar. Non sei que é o que fai o fogar, seguramente a xente que está dentro da casa contigo e a enerxía que flúe nesas relacións. Porque se é o ambiente externo vivir en Seseña debe ser o máis parecido á vida anónima e mecanizada.

4 comentarios:

F. Míguez dijo...

Durante as últimas décadas, en España movidos polo único sector en que unha persoa se pode facer rica sen saber facer nada especial, esqueceuse que todos os asentamentos humanos feitos ó longo da historia (e da prehistoria) tiveron unha cousa en común: foron feitos nun lugar onde había algo, un recurso (ou varios) que permitían ou aconsellaban vivir alí, aproveitando ese recurso. Esas urbanizacións e cidades artificias do ladrillazo están condenadas a seren ou cidades fantasma (como son moitas vilas turísticas durante boa parte do ano) ou barrios marxinais, de personas desarraigadas xa non respecto á terra, senon respecto á sociedade.

Chousa da Alcandra dijo...

Plantexas unha boa reflexión, Vanessa. Cada quén sacará as conclusións que se tercien; pero os que somos de aldea (coma min) sempre nos preguntaremos como é posible que agonicen lugares que se perciben cheiños de vida e se tente dotar de vitalidade espazos que -a todas luces- son inertes...

Un bico

mencía dijo...

Unha auténtica vergoña, pero por desgraza cousas así déronse e seguense a dar neste noso pais, tes razón, o fogar está dentro pero o de fora axuda ben pouco.
Bicos.

Mer dijo...

Hai moitas Seseñas na Península, no norte e no sur, no este e no oeste e moitos ignorante que se fixeron ricos á súa conta.
O do fogar é outra cousa. Para tí e para mín pode ser o mesmo, pero só son sentimentos e opinións subxetivas. Hai moita xente polo mundo dando voltas na búsqueda dese tan ansiado fogar, e deciden asentarse segundo as súas posibilidades, o traballo, etc... para crear un fogar de portas para adentro, nun lugar que de portas para fóra lles sexa cómodo.

Bicos