Zapatero a tus zapatos

Que razón tiña aquel refrán de "zapatero a tus zapatos"?
Mal anda a cousa cando non se dá controlado o rabaño propio e se queren abranguer aínda por riba rabaños doutro tipo de especies.
Ao fío deste titular... gustaríame saber que opina -poño por caso- o gremio de redeiras de Burela da pérdida da calidade do millo transxénico que se está plantando en Santiso. Que se manifesten! Que imploren ás accións políticas dos dirixentes políticos e empresarios!
Non terá cadaquén guerras dabondo sen ter que ir meter o fuciño á casa dos outros? Pero está visto que neste mundo o que nos vai é a caña, a lea, o follón. Pois follón para diante! Por min non vai quedar.
Así revente todo!
10 comentarios:
Non te fies de esa noticia, mira quen a publica. Saudos
Non viches un Manifesto que circula pola rede -penso que promovido por mestres galegos- no que propoñían algo así como "clases de matemáticas na misa xa!"; como protesta polo da rotunda oposición da Igrexa Católica da Educación para a Cidadanía?
É xustiño por onde hai que darlle!
la coz de malicia non merece ser etiquetada , reproducida nin lida
Tes razón, mellor non meter o fuciño en casa allea. Chega ben con resolver os asuntos propios, e aínda eses se resisten.
Apertas.
Eu si lin o manifesto que di chousa, e paréceme moi acertado.
Pero neste caso tamén vale aquelo de "con la iglesia hemos topado amigo Sancho"
Bicos.
Saúdos para A lareira de Santiso dende terras valdeorresas(un pouco máis alá de Mencía,creo). Aínda que aquí estamos ben, botamos moito de menos Santiso e Melide, as nosas terras, por certo. Perdoa que o meu comentario non veña ó caso, pero hai tempo que te (e vos)sigo e apetecíame saudarvos. A partir de agora, se non vos incomoda, intervirei dende O Barco.Saúdos a todos.
no molestas manu
Ola a todos, e en especial a Manuel, a quen lle agradezo o seu paso pola Lareira, sempre benvido. Grazas por deixarte caer por aquí, non nos coñecemos, pero alégrome de que aínda que esteas lonxe sigas conectado a esta terra. Mándoche unha aperta de complicidade e un ata sempre.
Vanessa.
P.D. Quero pedirvos desculpas a todos cantos seguides este blog polos inoportunos e maliciosos comentarios que de volta volve deixar a persoa que se escuda no anonimato. Só pedirvos desculpas pola parte que me toca, mais dicirvos tamén que ninguén así merece a miña atención nin o meu tempo para dirirme a el.
Graciñas por estardes ao carón da lareira, tamén nestas mañás de xeada.
Admiro o apego(a lei) que lle tes á túa familia, Vanessa. A verdade é que fas que sinta un pouco de remordemento (a miña aínda está toda aí e debía visitalos máis).Os nomes que aparecen nos vosos comentarios(Agolada, Antas, Quinzán...)tráenme moitos e bos recordos.¡Miña madriña, de Quizán acórdome que viña coser unha señora á nosa casa!
persoa ou persoas que non vai ser todo o merito de un nin solo te levas mal cunha persona que moito cadaver deixaches na tua vivoresca vida
Publicar un comentario en la entrada