miércoles 1 de abril de 2009

Cómo cambian los tiempos, Venancio, que te pareceee!

Astérix e Obélix forman un equipo compensado, a forza e a intelixencia en dous homes que defenden a morte a Galia dos ataques dos romanos. O seu proceder é tramposo, porque empregan unha pócima máxica preparada polo druída Panorámix que os quita de todos os apuros que poden darse na loita. Certo é que Panorámix é galo, se fose romano non creo que os romanos o desperdiciasen.

Os romanos en cambio caracterízanse por seren algo máis toscos e brutos nas contendas. Son torpes, caen unha e outra vez nas trampas dos galos pero teñen a virtude -ou o defecto- de intentalo unha vez tras doutra. As loitas son sanguentas e a violencia e o antagonismo case se bota fóra das viñetas dos cómics.

Pero un día romanos e galos descobren que hai un territorio virxe ao que ningún dos exércitos chegou. Para repartirse o pastel acordan que... no fondo non son tan distintos, que a verdade e a xustiza ben se pode trocar por un anaco de terra.E os romanos de a pé que forman as frontes de guerra -non os centurións!-, e os galos de a pé coma o músico que sempre remata o tebeo atado a unha árbore quedan con cara de parvos... E para iso tantos tebeos enfrentados? Tan fondas eran as nosas diferenzas?
Velaí Euskadi.

* Cómo cambian los tiempos, Venancio, ¿que te parece?, canción popular de La Vieja Troba Santiaguera.

8 comentarios:

Markesa Merteuil dijo...

Pois sí, é ben curioso, si, señora. Deso mesmo estiven a piques de escribir eu tamén, pero o certo é que non lle daría esta gracia.

Chousa da Alcandra dijo...

Moi sutil, Vanessa. Incluso no día de San Venancio, cajonatós. Uderzo estaría encantado de ver que ben empregaches ós seus persoaxes (eu non che perdono que non sacases a Ideafix, que sempre me gustaron os canciños...

Bicos pactadores

Carlos Sousa dijo...

Sen comentarios, agora virán con contos. Eu non o entendo.

Manuel dijo...

Moi bo Vanessa.
Eu a estas horas non vou dar estado tan sutil e voume liar e non se me vai dar entendido. Pero a miña pregunta é: ¿os compañeiros dos poucos que agora alí deciden (que aquí son moitos) non dicían aquí que uns poucos non podían condicionar ós moitos? O que aquí non valía, parece ser que agora alí é lícito. A lei do funil.

Manuel dijo...

¿Que pasa ó redor de min?
¿Que me pasa que eu non sei?
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se ve.
( Rosalía de Castro)

A perlexidade e o desencanto dunha situación poden conducir a un estado de melancolía. Nuns primeiros momentos, esa melancolía é a única saída que nos queda. Pero, pasados eses primeiros momentos, debemos abandonar ese sentimento e instalarnos, se é posible, na esperanza. Eu creo que esta ten que vir da parte deses que di Vanessa: o pobo de a pé. Ese que moitas veces nos desconcerta coas súas decisións é o que nos ten que sacar da melancolía. Non hai outro camiño.
Pero o pobo tamén necesita axuda e ánimo, e aí é onde os que saben da cuestión teñen que actuar e ver o que se necesita facer. Na época dos celtas, eran os bardos os que guiaban, pero eles tamén sufrían porque eran incomprendidos. Esperanza é a palabra, tanto aquí como alá. Ten que chegar un día no que vexamos as nosas ilusións cumpridas, como se di no noso himno. Seguro.

Anónimo dijo...

la democracia a medida el juego de las mayorías solo si comviene a los mios


velai vanesa

Manuel dijo...

Comentario número 6 (Anónimo)

Os dous casos que se supón que se comparan teñen matices distintos. Non é simplemente unha cuestión de sumar apoios. A cuestión ten máis perspectivas. No caso galego, a xuntanza profundizaba nos dereitos da nosa terra. No caso vasco, a xuntanza resta dereitos xa conseguidos polo pobo vasco.

Veloso dijo...

Eu sempre fun fan incondicional do bardo Asuranceturix. De feito, aos meus amigos pouco lles faltou para atarme a unha árbore, en máis dunha ocasión. Saúdos.