jueves 30 de abril de 2009

A importancia das palabras

Coñecemos as cousas polos nomes que lles damos, e os medos e as empatías seguen tamén o camiño que lles marcan as palabras.

O mundo anda abaneando por unha gripe que naceu co nome de gripe porcina, por ter a súa orixe nunha doenza respiratoria destes animais, e que raramente pasa aos humanos; se o fai é -segundo din os expertos-, polo contacto directo con eles, que están no obxectivo dos seus esbirros e das súas toses, que tamén as teñen.

Hoxe os que teñen poder para nomear as enfermidades do mundo veñen de recomendar que se esqueza o nome de gripe porcina e se comece a empregar o de gripe nova para referirse á que xa chaman nova pandemia.

Para a xente que vive dos porcos, que merca porco, que está pendente do prezo da carne e que ten por referencia bursátil a lonxa de Silleda é unha decisión novidosa que fai útil a semántica no ámbito gandeiro, dous campos que posiblemente nunca contaron de ter nada que ver.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Sí que teñen moita importancia as palabras, eu nunca quixen ter un porco porque cando dixeran o porco de Xan, podíase pensar mal, aínda máis non é o mesmo o pai do meu porco que o porco de meu pai, estas cousas non son unha tontería, e agora con esta nova peste, amolaríame moito chamar ao veterinario para atender a un e outro. Eu fareille o boca a boca coma sempre, pero cando estea saniño. Xan

Manuel dijo...

Eu só me vou referir ó título: a importancia das palabras.

Vemos o mundo a través delas. Nomeamos as cousas con palabras na nosa lingua e cando as escoitamos en palabras doutras linguas xa non nos parecen as mesmas cousas. Cando dicimos rula, pega, toxo, silva, xesta,...estamos unidos á nosa realidade. Se escoitamos tórtola, urraca, tojo, zarza, retama,...xa nos parece unha realidade distinta.

E o nome dos lugares, aldeas,...que diferenza se dicimos O Sexo(preto de Santiso) con O Sejo. Como nos unen á terra as palabras!

Moi bo título, Vanessa.

Chousa da Alcandra dijo...

O mundo do márketing invade todiño, e ás veces incluso é útil (coma neste caso para os criadores de porcos).

E xa vexo que por Quinzán chamusgábanse os porcos con profusión calórica, ainda que non moita implicación persoal. Mentras un mira o outro nin siquera se anica nin desabotoa a chaqueta para aplicarse no traballo!!!.

Bicos santisianos (e resfriados, pero con virus autóctonos...espero )

Nébeda dijo...

e eu con resfriado... :(

Chousa da Alcandra dijo...

Hoxe veño a convidarte a participar nun sorteo dunha fin de semana en varias casas Rurais de Galiza que anda xa pululando polo blogomillo. Pásate polo meu blog e verás como rula a leria. Pouco tés que facer, xa verásBicos santisianos (éstes sin sorteo ningún)