viernes 22 de mayo de 2009

Educación segregada

Educación é o que queda despois de esquecer o que se aprendeu na escola, dicía Albert Einstein.

Todo canto está nos libros pode aprenderse sen necesidade de escolarizarse, porque os libros teñen -de momento- liberdade de movementos para esparllase alén das aulas regladas. Sería digno doutro debate a necesidade de manter unha institución coma a escola, tal e como se desenvolve hoxe en día, aínda que haberá a quen só a existencia do debate lle resulte anarquista e ácrata.

Pero neste momento semella que todo canto sae dos libros é coñecemento e formación, e tamén que para telas é imprescindible pasar polos libros.

Todos os que temos vellos temos na casa a xente que non foi á escola máis ca cando chovía e non estaba tempo para chamar as vacas polos colados. Aínda así son xente con cultura, con mundo, con coñecementos e con todo o que cómpre ter para vivir unha vida feliz. Tiveron, iso si, as relacións humanas que se aprenden na escola e fóra dela, pero que no seu tempo de nenez tiñan na escola un punto fixo de encontro.

Estos días a nova presidenta do tamén novo parlamento vasco dicía nunha entrevista televisada que ela mandaba aos seus fillos a un colexio só de homes "porque está demostrado que las niñas alcanzan antes la madurez, y creo que a ellos les beneficia respectar esos ritmos".

Seguramente hai grandes persoeiros da pedagoxía que abalen esta teoría de separar homes e mulleres para ensinarlles a vivir. Logo, cando os boten de veras á vida sorprenderanse de que non se entendan.
*A viñeta non ten desperdicio. Sinto que non se poida ver máis grande porque ben paga unha análise. Tentarei buscala máis grande ou que poida ampliarse porque ten o seu aquel.

12 comentarios:

Manuel dijo...

Eu estou totalmente en contra da segregación nos centros de ensino, lingüística ou de calquera outro tipo. Os argumentos que se me ocorren son moi variados: prácticos, económicos,... pero sobre todo, de dignidade.

Durante moitos anos, nos centros de ensino estivo tratándose de integrar rapaces e rapazas con dificultades, doutros países,... Críase que era bo, e a min parecíame e paréceme moi ben.

E agora queren apartar os nenos e nenas galegofalantes dos outros. É incrible. Baixo unha suposta liberdade lingüística, queren converternos en persoas de segunda categoría.

Espero e desexo que os pais e nais, se lles chegan a preguntar pola lingua dos seus fillos, deixen moi clara a escolla da nosa lingua, e se opoñan a esa pretendida segregación lingüística

Chousa da Alcandra dijo...

Ultimamente semella que retornan os tempos das "vidas separadas". Nenas a un lado, nenos a outro. Os que queiran galego para alí, os que non para aló...
Que manía de separar, cando botamos a vida enteira tentando xuntarnos, raio!!

Bicos xuntos

(A ver se das agrandado a viñeta, que me vou queimar as gafas tentando descifrala)

anto dijo...

Eu estou máis por estaren xuntos. Paréceme que suma máis do que resta.
Polo demais, todos os casos que coñezo de separación por razón de sexo pertencen exclusivamente ao Opus.

Nébeda dijo...

na miña época, os que ían ós centros "segregacionsitas" eran os peores. Por algo será.


Un bico.

Busto dijo...

Encantoume a frase de Einstein. Non a coñecía. Con razón din que foi o maior sabio do século XX.
En canto á segregación no ensino, aposto con coñecemento de causa pola coeducación. É moito máis enriquecedor no plano emocional e persoal.

Anónimo dijo...

Penso que non se deben separar os rapaces das rapazas, a miña experiencia persoal foi a seguinte: empecei a escola no 1955 e remateina no 1962, logo fixen o bacharelato; fun a escola das rapazas eu só porque era primo da mestra, e todos os rapaces foron a escola do mestre, diferenza na personalidade moita, na formación a mesma, esa diferenza na personalidade foi que mentres eu trataba as rapazas con toda a naturalidade e sen complexos, eles só se atrevían a falarlles en grupo a berros e con barbaridades, tiñan medo de falar con elas, vían ás rapazas como o mal, o pecado, isto tamén fomentado polo mestre e os curas, non voltemos ao pasado, non sexa que lle queiran poñerlles o belo, rezar o rosario tódolos días e facer os primeiros venres. Desde o Pico Sacro

setesoles dijo...

A suposta ignorancia dos nosos vellos é unha das moitas razóns desta diglosia que vai acabar con nós. Non imos falar coma os avós, que xa se sabe que eran uns ignorantes... Agora sabemos moito de "links" e mais de "banners" e somos todos moi "cool", pero ai de nós se temos que comer do que nos dean as aixadas. Se cadra víñanos ben...

En canto aos fillos da santa presidenta, cun pouco de mala sorte sáenlle "maricas" do roce. Perdón polo homófobo do término, que falo por boca dela, entusiasta perseguidora do uso do preservativos e "desviacións" varias. Moito me había rir, ho... ;)))

aopedofarelo dijo...

Non sei quen dixo nalgunha ocasion, ....Non exise nada novo baixo o sol...
Agora outra vez plantesaxe o debate sobre a separacion de sexos, nas clases????
Eu toleo, que foi das teorias pedagoxicas da escola anaquista, de Ferrer y Guardia, de Jean Piaget, en Francia, ou das do aoutor da escola de Summerhil,. non recordo agoro o nome....?
Eu non estou por la separacion, ni por las fronteiras, ni por as barreiras a nada, ni a ninguen, ni educativas, ni tampouco no linuaxe, ni de pensamento, palabra ou obra....

Manuel dijo...

Aínda que isto non pasa en todos os sitios (o instituto de Melide é un exemplo a seguir), a maioría dos centros de ensino convertéronse en focos castelanizadores.

Xa sei que antes nos custaba moito falar en castelán e nos colexios e institutos aprendémolo e practicamos. Pero nós fixemos un camiño de retorno ó galego, non quedamos instalados no castelán.

Pero agora, os rapaces e rapazas galegofalantes que entran en contacto co castelán nos centros, non fan, a maioría, ese camiño de retorno e quedan instalados no castelán.

Isto eu nunca llo perdoarei ó ensino. Xa sei que a culpa é de todos. Tamén sei, como dixen ó principio, que hai excepcións coma o instituto de Melide, ou outros que eu non coñeza.

Temos que loitar para que esa tendencia castelanizadora non siga avanzando, o problema é que eu non sei cómo.

Manuel dijo...

Perdoa Vanessa, e que perdoen os lectores e lectoras por acaparar eu os comentarios, pero é que a difícil situación da nosa lingua tenme obsorvido o cerebro.

Creo que era Castelao en Sempre en Galiza, quen dicía que unha lingua era unha obra de arte máis importante có Pórtico da Gloria. Eu penso o mesmo.

Canto debiamos coidar esas pequenas obras de arte que hai polas nosas aldeas e vilas, eses nenos e nenas galegofalantes!

Larvós dijo...

Non sei se está ao tanto ou non das declaracións dun columnista católico do ABC, no que se di, expresamente, que, dado que o sexo se desvencella do matrimonio, a violación debería desaparecer do código penal. Despois de cousas así, xa non hai nada que me sorprenda nestes talibáns católicos.

Segregación?

Si, por favor, pero non os homes das mulleres, senón os talibáns ben separadiños da xente "normal".

Manuel dijo...

Eu alégrome moito pola coincidencia dos comentarios: sempre mellor xuntos ca separados.

Pero quédame unha mágoa, por que os gobernantes, en vez de guiarse por ideas peregrinas, non escoitarán a voz do pobo?