Educación segregada
Educación é o que queda despois de esquecer o que se aprendeu na escola, dicía Albert Einstein.
Todo canto está nos libros pode aprenderse sen necesidade de escolarizarse, porque os libros teñen -de momento- liberdade de movementos para esparllase alén das aulas regladas. Sería digno doutro debate a necesidade de manter unha institución coma a escola, tal e como se desenvolve hoxe en día, aínda que haberá a quen só a existencia do debate lle resulte anarquista e ácrata.
Pero neste momento semella que todo canto sae dos libros é coñecemento e formación, e tamén que para telas é imprescindible pasar polos libros.
Todos os que temos vellos temos na casa a xente que non foi á escola máis ca cando chovía e non estaba tempo para chamar as vacas polos colados. Aínda así son xente con cultura, con mundo, con coñecementos e con todo o que cómpre ter para vivir unha vida feliz. Tiveron, iso si, as relacións humanas que se aprenden na escola e fóra dela, pero que no seu tempo de nenez tiñan na escola un punto fixo de encontro.
Estos días a nova presidenta do tamén novo parlamento vasco dicía nunha entrevista televisada que ela mandaba aos seus fillos a un colexio só de homes "porque está demostrado que las niñas alcanzan antes la madurez, y creo que a ellos les beneficia respectar esos ritmos".
Seguramente hai grandes persoeiros da pedagoxía que abalen esta teoría de separar homes e mulleres para ensinarlles a vivir. Logo, cando os boten de veras á vida sorprenderanse de que non se entendan.
*A viñeta non ten desperdicio. Sinto que non se poida ver máis grande porque ben paga unha análise. Tentarei buscala máis grande ou que poida ampliarse porque ten o seu aquel.

